alt : Ria de Ares

Benvido á Ría de Ares

A Ría de Ares sempre estivo ahí. Dende que os primeiros habitantes souberon ver o potencial de este lugar para vivir e desenrolar a súa comunidade, a Ría de Ares proporcionou, xunto coa terra, todo o que os seus habitantes podían demandar. Hoxe en día, as cousas cambiaron, pero a Ría segue ofertándonos un entorno privilexiado para o desenrolo e o disfrute das súas xentes e visitantes.

De tradición mariñeira, Ares e a súa Ría contan con todos osrecursos necesarios para a práctica da maioría de especialidades que conforman a náutica de recreo, así como para a definición dun verdadeiro produto turístico sostible, baseado no Turismo náutico, que serva para poñer en valor de novo todas as potencialidades do territorio y que contribúa á conservación, protección e restauración do ecosistema e ao presente e futuro dos seus habitantes.

A Ría de Ares, que constitúe un auténtico refuxio natural, ábrese cunha boca de 3,2 M entre a Punta de Coitelada e a do Seixo Branco e divídese en dous brazos: un cara ao L -Ría de Ares- e outro cara ao S-SL Ría de Betanzos .No primeiro sitúanse o porto de Ares que é un dos mellores da zona, ofertando un gran número de prazas de amarre e servizos, con experiencia na organización de eventos e a xestión dunha escola de vela.

Nela atopamos tamén Redes, núcleo mariñeiro situado a poucos quilómetros de Ares que recibíu numerosos premios e eloxios pola extraordinaria conservación das tipoloxías construtivas tradicionais e que constitúe un claro exemplo de como a preservación do patrimonio arquitectónico pode chegar a ser un aspecto importante na diversificación e na mellora da calidade de vida, xa que se está convertendo nun auténtico recurso turístico.

Vídeos