De acordo coa Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), o Concello de Ares infórmalle de que a solicitude dos seus datos persoais ten a única finalidade de tramitar a súa petición de información, ademais de ofrecerlle un mellor servizo de atención ao cliente. Estes só conterán os campos imprescindibles para poder prestar o servizo requirido polo usuario.
Os datos de carácter persoal serán tratados co grado de protección adecuado, segundo o Real Decreto 994/1999 do 11 de xuño, e tomaranse as medidas de seguridade necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado por parte de terceiros que os poidan utilizar para finalidades distintas para as que foron solicitados ao usuario.